Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación global que inclúe preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre a materia nunha resposta razoada. 40 A2
A4
A5
B1
C40
D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas parciais non liberatorias que avalían os coñecementos que ten o alumnado sobre a materia que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, opción múltiple, emparellamento de elementos...). Os estudantes seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Cada proba consta de 10 preguntas, que se puntuan do seguinte xeito: cada resposta correcta vale 1 punto; cada resposta en branco vale 0 e cada resposta incorrecta resta 0,3 (-0,3) puntos.
30 A2
A4
A5
B1
B4
C40
D4
D5
Estudo de casos Realización dos casos prácticos propostos na aula, que se realizarán individualmente ou en grupo, segundo propoña o profesor e serán obrigatorios para o alumnado que siga o sistema de avaliación continua. Para a avaliación dos casos prácticos esíxese acumulativamente o cumprimento de tres premisas: asistencia mínima ao 80% das sesións + participación activa + entrega das tarefas correspondentes ás semanas de asistencia.
Tamén se inclúe a realización obrigatoria por parte do alumnado das tarefas complementarias propostas polo profesor/a.
Así mesmo, valorarase neste apartado os traballos voluntarios propostos polo profesor/a, para os que se esixe informe turnitin.
20 A2
A3
A4
A5
B1
B4
C40
D1
D3
D4
D5
Traballo Texto elaborado en grupo sobre un tema do programa da materia que debe redactarse según unhas normas establecidas e que debe presentarse por tódolos/as integrantes do grupo na aula ante o/a profesor/a da materia e o alumnado nas datas sinaladas. A no exposición do traballo polo/a alumno/a que participara na elaboración escrita do mesmo impide a súa evaluación, de manera que o/a alumno/a que non exponga o traballo será calificado cun 0.
Esíxese informe Turnitin.
10 A2
A3
A4
A5
B1
C40
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese, como regra xeral, que os/as alumnos/as optan polo sistema de avaliación continua. 

O/O alumno/a que opte polo sistema de avaliación continua, para poder sumar a calificación da parte teórica e da parte práctica da materia deberá obter, como mínimo:

         - Un 4 sobre 10 na proba de avaliación global de preguntas de desenvolvemento, na que deberá obter como mínimo un 3 en cada pregunta formulada, e, ademáis,

         - Un 4 sobre 10 na parte práctica da materia: estudo de casos, de carácter obrigatorio + os traballos voluntarios con ou sen exposición+ as tarefas complementarias, de carácter obrigatorio + o traballo obrigatorio para evaluación continua con exposición. 

Os dous exámenes parciais non liberatorios de preguntas obxectivas teñen un valor do 30% da calificación global da materia (15% primeiro parcial e 15% segundo parcial); a proba de avaliación global de preguntas de desenvolvemento ten un valor do 40% da calificación global da materia; o estudo de casos (prácticas semanais, obrigatorias -asistencia mínima obrigatoria ao 80% das sesións + participación activa + entrega obrigatoria das tarefas correspondentes ás semanas de asistencia- + os traballos voluntarios con/sen exposición + as tarefas complementarias, obrigatorias) ten un valor do 20 % da calificación global da materia; e os traballos obrigatorios para evaluación continua realizados e expostos en grupo teñen un valor do 10% da calificación global da materia. 

No mesmo curso se guardarán as notas da avaliación continua do segundo período para xuño/xullo. 

O/O alumno/a que non se acolla ao sistema de avaliación continua por deixala, por non poder asistir ou por calquera outro motivo, deberá comunicalo á coordinadora da materia por correo electrónico antes de que transcorra un mes e medio desde o comezo do cuadrimestre. A elección de Avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de Avaliación continua que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. O alumno/a que non se acolla ao sistema de avaliación continua deberá facer unha proba de avaliación global integrada por un exame de preguntas de desenvolvemento en relación cos contidos da materia, en número superior ás formuladas aos/as alumnos/as que opten polo sistema de avaliación continua, na que deberá obter como mínimo un 3 en cada unha das preguntas formuladas, cun valor do 70% da calificación e, ademáis, uns/uns caso/s prácticos e/ou comentario/s de institución xuridica ou sentenza cun valor do 30% da calificación da materia. O/o alumno/a, para poder sumar a calificación da parte teórica e da parte práctica da proba de avaliación global deberá obter, como mínimo, un 4 sobre 10 na parte teórica do exame e un 4 sobre 10 no caso/s e/ou comentario/s de institución xurídica ou sentenza. 

Para superar a materia o/o alumno/a debe obter, como nota final, unha calificación igual ou superior a 5, calquera que sexa o sistema de avaliación polo que opte (avaliación continua ou avaliación global).

Os estudantes que non participen na Avaliación continua nin na Avaliación global, figurarán nas actas como non presentados.

Convocatoria Fin de carreira: Os/as alumnos/as deberán facer unha proba de avaliación global integrada por un exame de preguntas de desenvolvemento en relación cos contidos da materia, na que deberán obter como mínimo un 3 en cada pregunta formulada,  cun valor do 70% da calificación e, ademáis, un/s caso/casos prácticos e/ou comentario/s de institución xurídica ou sentenza cun valor do 30% da calificación. O/o alumno/a, para poder sumar a calificación da parte teórica e da parte práctica da proba de evaluación global deberá obter, como mínimo, un 4  sobre 10 na parte teóica do exame e un 4 sobre 10 no/s caso/s e/ou comentario/s de institución xurídica ou sentenza. 

Alumnos/as con necesidades especiais: Se realizará a adaptación curricular de acordo co suxerido polo coordinador de discapacidade según os protocolos da Universidade. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/2024 e publicado na web. 

A reseña bibliográfica que se inclúe nesta guía docente ten por obxecto facilitar aos/ás alumnos/as unha lista aberta de posibles manuais sobre os contidos da materia, cun carácter meramente informativo, aos que poidan acudir para completar as explicacións que proporcione o/o profesor/a na aula. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ). En probas avaliables o alumnado ten prohibidos dispositivos electrónicos con capacidade de comunicación e/ou almacenamento de datos.

Tutorías: se realizarán, previa solicitude do alumno/a a través dun correo electrónico dirixido ao profesor/a, no despacho que se lle indique e no horario que se acorde.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000