Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito marítimo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Ao longo o cuatrimestre realizaranse sesións de carácter práctico. A asistencia e participación activa nas mesmas valorase, como máximo, con 2 puntos. Ao final do cuatrimestre farase unha proba sobre o contido práctico da materia. A nota máxima desta proba será de 2 puntos.

40 A2
A3
A4
A5
C54
C55
D5
Seminario Durante o cuatrimestre, formularase unha actividade de seminario consistente na análise dunha temática asignada. Sobre a mesma haberá que realizar un breve informe e unha exposición oral do mesmo. 20 A2
A3
A4
A5
C54
C55
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Ao final do cuatrimestre farase un exame sobre o contido teórico e, eventualmente, sobre as prácticas realizadas en clase. A nota máxima do exame será de 4 puntos. 40 A2
A3
A4
A5
B4
C54
C55
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- O sistema de avaliación será o de avaliación continua.

2.- A estes efectos, ao longo do curso encomendaranse ao alumnado distintas
actividades prácticas e un seminario relacionado coas materias propias da
asignatura.

3.- Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a terá que
asistir regularmente a clase. Para estes efectos, realizaranse controis
aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a incumpriu este
requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen xustificar.

4.- Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de avaliación continua
cando realice algunha das probas ou actividades programadas. Non resulta
posible renunciar á avaliación continua unha vez realizada algunha das probas
ou actividades.

5.- O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de avaliación
continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas teóricas e
prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota.

6.- Para unha maior concreción das actividades de carácter práctico,
remitimos ao alumnado ao cronograma da asinatura que estará disponible en Moovi
ao comenzo do cuadrimestre.

7.- Datas dos exames: As aproba a Xunta de Facultade e publica na web da
Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000