Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do comercio internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a participación en casos e exercicios 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas curtas períodicas 30
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Valorarase a asistencia a clases teóricas e prácticas, ata un 20% da cualificación final. Para obter tal valoración é necesario acudir como mínimo ao 85% das mesmas. 

2.- Realizaranse actividades prácticas ao longo do curso e probas teóricas de preguntas curtas ou tipo test, que conxuntamente, supoñerán o 40% da cualificación final. 

3.- Haberá dous exames parciais longos que supoñerán o 40% da cualificación total, sempre que se alcance un mínimo de 2 puntos sobre 5 en cada un deles. 

4.- O alumnado que non desexe, ou non poida seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderá presentarse a un exame final único teórico-práctico que supoñerá o 100% da cualificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira.
 

5.- Non obstante o anterior, o alumnado poderá conservar a cualificación alcanzada na avaliación continua para o seguinte curso académico. 

 DATAS DE EXAMES:
Os exames oficiais realizaranse segundo o calendario aprobado para o efecto pola xunta de centro para o curso académico. Así mesmo, o profesor entregará no Decanato, antes de que comece o cuadrimestre, un Cronograma onde se describe o desenvolvemento semanal da materia.  

O alumnado que, a xuízo do profesor, non cumpra o compromiso ético esixido pola Universidade de Vigo sobre a realización de probas, quedará excluído automaticamente da avaliación continua, son prexuízo de posteriores accións que poidan derivarse da súa conduta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000