Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado se avaliará a resolución e debate en clase de casos prácticos previamente plantexados polo profesor. A cualificación máxima que se pode obter nesta parte suporá un 15% da nota final. 15 B1
B3
B4
D1
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os
distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a
adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final. Os contidos prácticos serán avaliados nunha proba práctica que suporá o 25% da nota final. Entre as dúas suman un 55% da nota final.
55 B1
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
SISTEMA DE AVALIACION CONTINUA:
Para que a cualificación final obtida na participación en clase e nas probas tipo test poida sumarse á cualificación obtida nas probas finais de resposta longa e de caso práctico, nestas dúas últimas probas deberá alcanzarse unha nota media de 4 sobre 10. de non ser así, a cualificación obtida na evaluación continua non se terá en conta, ainda que poderá conservarse para o curso académico seguinte, no que se aplicará a mesma regra.
SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:
Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico e que
representará o 100% da nota final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000