Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo económico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30
Traballo O alumnado presentará o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática dun tema obxecto de estudo. Realizarase de maneira individual ou en grupo. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo
do curso o alumno/a poderá optar de forma expresa polo sistema de:  

  • ·        
    avaliación
    continua, ou
  • ·        
    proba
    final

A formalización
da opción farase nun documento que lle entregará o profesor/a.

Primeira convocatoria de exame (maio): Os alumnos/as que opten polo sistema de
avaliación continua, que supón a asistencia regular a clases (mínimo o 80%) tanto as
correspondentes a sesións maxistrais como as de carácter práctico, a resolución
de casos, a participación nas prácticas propostas polo profesor e na
realización, se procede dalgún exame tipo test antes da finalización da
materia, serán cualificados cunha porcentaxe do 30 %.  Valorarase cun 40% a elaboración dun traballo
individual ou colectivo que será exposto polos alumnos/as sobre as materias  e o 30% restante a
nota da proba final. Para poder ter en conta as cualificacións obtidas durante
o curso, os alumnos/as que opten por avaliación continua, en todo caso deberán
aprobar a proba escrita final. En caso contrario, serán avaliados unicamente
atendendo á cualificación obtida na proba final. Os alumnos/as que optasen pola
proba final serán cualificados, única e exclusivamente, por dita proba de
preguntas curtas ou preguntas a desenvolver (100% da nota).

Segunda convocatoria de exame (xullo): Os alumnos/as do sistema de avaliación
continua reservarase a cualificación da devandita avaliación (asistencia, casos
e prácticas) e, por tanto, a proba final puntuarase co 30% da nota. A nota
final obterase da suma da nota da avaliación continua do curso e a da nota da
nova proba final.

Convocatoria fin de carreira: O 100% da nota obterase da realización
dunha proba final de preguntas curtas a desenvolver.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000