Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Réxime xurídico da responsabilidade patrimonial da administración (contractual e extracontractual)
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 B3
B4
C16
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e/ou exercicios durante as clases prácticas ou no tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode se presencial e non presencial.
30 A3
A4
B3
B4
C16
D1
D5
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma escrita.
30 A3
A4
B1
B3
B4
C16
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso o alumno poderá optar de forma expresa polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de proba final formalizando a opción nun documento que lle entregará o profesor. Primeira convocatoria de exame (maio): Os alumnos que opten polo sistema de avaliación continua, que supón a asistencia regular a clases tanto as correspondentes a sesións maxistrais como as de carácter práctico, a resolución de casos, a participación nas prácticas propostas polo profesor e na realización dun exame tipo test antes da finalización da materia, serán cualificados cunha porcentaxe do 30% nos casos prácticos, o 40% na avaliación tipo test e 30% na elaboración e exposición dun traballo individual ou colectivo. Para poder ter en conta as cualificacións obtidas durante o curso, os alumnos que opten por avaliación continua, en todo caso deberán aprobar o exame tipo test. 

Os alumnos que optasen pola proba final serán cualificados, única e exclusivamente, por dita proba de preguntas curtas (100% da nota). 

Segunda convocatoria de exame (xullo): Os alumnos do sistema de avaliación continua reservarase a cualificación da devandita avaliación (asistencia, casos e prácticas) e, por tanto, a proba final puntuarase co 40% da nota. 

Convocatoria fin de carreira: O 100% da nota obterase da realización dunha proba final de preguntas curtas a desenvolver.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000