Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Primeira proba de avaliación 33,33 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
Exame de preguntas obxectivas Segunda proba de avaliación 33,33 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
Exame de preguntas obxectivas Terceira proba de avaliación 33,33 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (EC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (EG). A avaliación por defecto é a EC. O alumnado poderá elixir EG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de EG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de EC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa se realizaron.

SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA (EC) 

Neste caso a avaliación da materia constará de 3 probas parciais, cada unha das cales terá unha ponderación de 1/3 da nota final. As probas serán as seguintes 

1.- Primeira proba parcial (33,33%): (Temas 1-4). Este exame realizarase ao final do primeiro terzo do cuadrimestre, nunha data que será anunciada con suficiente antelación.

2.- Segunda proba parcial (33,33%): (Temas 5-6). Este exame realizarase ao final do segundo terzo do cuadrimestre, nunha data que será anunciada con suficiente antelación.

3.- Terceira proba parcial (33,33%): (Temas 7-10). Este exame realizarase ao final do cuadrimestre, nunha data que será anunciada con suficiente antelación.

Para aprobar a materia, a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10).

Considerarase que o alumnado se ha presentado á avaliación continua cando se presentou a algunha das probas parciais de avaliación desta modalidade.

PROBA AVALIACIÓN GLOBAL (EG) 

O estudantado que se acolla a esta modalidade realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota, na data oficial establecida no calendario de exames. 

Convocatoria Julio: Na convocatoria extraordinaria, o estudantado realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.

Convocatoria Fin de Carrera: O estudantado matriculado na convocatoria fin de carreira realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.

Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán nas actas como non presentados. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

 As datas e horas das probas de EG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000