Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito da seguridade social I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escritura, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final. 35 A2
B1
B2
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba/exame práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuadrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final. 20 A3
A4
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 30 A4
B3
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación activa nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos e a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área de Dereito do Traballo, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 15%.

EN TODO CASO, PARA QUE AS NOTAS DE AVALUACIÓN CONTINUA (OS DOUS TEST MÁIS A PARTICIPACIÓN NAS CLASES PRÁCTICAS) POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTA DÚAS PROBAS DEBERÁ ALCANZAR UNHA MEDIA 4 PUNTOS SOBRE 10. DE NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA POLO ESTUDANTE SERÁ ÚNICAMENTE A NOTA DO EXAMEN FINAL, AINDA QUE A NOTA DE EVALUACIÓN CONTINUA PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
15 A3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO (SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA OU FINAL) 
a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teíricas e prácticas (os controis de asistencia serán aleatorios). En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.
b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ou que renuncien ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final. Trátase dunha proba de carácter teórico e práctico sobre todos os contidos da materia
e representará o 100% nota final. Neste caso, a parte teórica suporá o 70 por 100 da nota final e a parte práctica un 30 por 100. 
Convocatoria común do mes de XULLO:
Se o alumno/a non supera a materia en maio/xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso poderá conservala na convocatoria de xullo. Con todo, sen non supera a materia nas duas 
convocatorias do curso, o alumno/a deberá someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que escolla a avaliación final.


Convocatoria de fin de carreira:

Na convocatoria de fin de carreira o alumno/a será avaliado nun único exame escrito, teórico e práctico, que representará o 100 % da nota final (70 por 100 a parte teórica e 30 por 100 a parte práctica)
As datas dos exames se aproban pola Xunta da Facultade e se publican na páxina web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000