Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito do traballo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escrita que incluirá entre catro e sete preguntas de desenvolvemento -corto ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 35% da nota final. 35 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C8
D1
D3
D4
D5
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba /exame final. Trátase dunha proba/exame práctico consistente na resoluciòn, por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 20% da nota final. 20 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C8
D1
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 pruebas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada tes/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 30 A2
A3
A4
B1
B2
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida
polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 15%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA
PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ
ALCANZARSE UN 40% DA NOTA MÁXIMA. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA
NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCTORIA DE XULLO QUE SE APRICARÁ A MESMA REGRA
15 A2
A3
B3
B4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


CONVOCATORIA COMÚN MAIO/XUÑO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)

a) Avaliación continua. O alumno que desexe ser sometido ao sistema de avaliación continua deberá acreditar unha asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final.

Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (a parte teórica representará un 70 por 100 da nota, e a parte práctica un 30 por 100) 

CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE XULLO

Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria común do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante cúrsoo conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: 

Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a sera avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico que representará a 100 por 100 da nota final (70 por 100 a teoría e 30 por 100 a práctica).  

As datas de exame son aprobadas pola Xunta de Facultade e están publicada na web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000