Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito da seguridade social II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 30 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C10
D3
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30 % da nota final. 30 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C10
D1
D3
D5
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final.
Trátase dunha proba/examen práctico, a realizar en data diferente á proba teórica, consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25 % da nota final.
25 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C10
D1
D3
D5
Debate A participación e intervención en clase, a realización dos supostos
prácticos, a preparación, cando así proceda, das leccións teóricas... e,
en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo alumnado para
superar a materia ao marxe das probas obxectivas parciais e finais,
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor ponderado sobre a cualificación final do 15%. EN TODO CASO,
PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN CLASE E
NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NA
PROBA DE RESPOSTA LONGA E NA PROBA PRÁCTICA FINAL, DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4,0 EN CADA UNHA DESTAS DÚAS ÚLTIMAS
PROBAS. DE NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN
CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A
CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA
15 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C10
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA XANEIRO-FEBRERO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final)

DATA EXAMEN: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

a) Avaliación continua. Ao comenzo do curso, o alumnado deberá manifestar, a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. 

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NA PROBA DE RESPOSTA LONGA E NA PROBA PRÁCTICA FINAL, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4,0 EN CADA UNHA DESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS. DE NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA

b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).

CONVOCATORIA ORDINARIA XULLO

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. 

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: 

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000