Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito sindical II
   Contidos
Tema Subtema
NEGOCIACIÓN COLECTIVA E CONVENIOS COLECTIVOS. OUTROS INSTRUMENTOS NEGOCIAIS Tema 1.- A negociación colectiva: suxeitos negociadores e ámbitos persoal, funcional, territorial e temporal A lexitimación para negociar. As unidades de negociación. A Comisión consultiva nacional de convenios colectivos. A concorrencia de convenios. Acordos interprofesionais e acordos sobre materias concretas. Duración e sucesión de convenios. A ultraactividade.
Tema 2.- A negociación dos convenios A constitución da comisión negociadora. Solicitude de negociación. Deber de negociar de boa fe. Validez. Forma, rexistro e publicación dos convenios. Adhesión e extensión.
Tema 3.- Os contidos do convenio colectivo. Contido mínimo, Plans de igualdad de outras medidas de igualdade. As comisións paritarias. Outros contidos. Normativo e deber de paz. A inaplicación de convenios. Procedemento, O convenio colectivo como instrumento de xestión empresarial.
A NEGOCIACIÓN DOS CONVENIOS COLECTIVOS NO SECTOR PRIVADO E NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Tema 4.- Os acordos interprofesionais vixentes. Acordos autonómicos. Remisión. Negociación intersectorial. Os Acordos para o Emprego e a Negociación Colectiva.
Tema 5.- A negociación colectiva na Administración Pública. Especialidades da negociación colectiva do persoal laboral ao servicio da Administración Pública. A negociación colectiva do persoal funcionario e estatutario: fundamento constitucional. Os suxeitos negociadores. A estructura: as mesas de negociación. Contidos. Tramitación. Pactos e acordos.
O CONTROL ADMINISTRATIVO E XUDICIAL DOS CONVENIOS Tema 6.- Concepto de ilegalidade e lesividade. As funcións da autoridade laboral. O proceso de oficio. O proceso de impugnación directa de convenios colecivos. A demanda de inaplicación do convenio. A virtualidade das cláusulas de vinculación á totalidade. Doutrina do equlibrio interno do Convenio.
Tema 7.- Outros instrumentos negociais. A negociación colectiva extraestatutaria. Admisibilidade e eficacia. Os acordos de empresa. Os acordos en fase de consultas. Modificación sustancial e mobilidade xeográfica. Inaplicación do convenio. Regulación de emprego temporal e definitiva.
CONFLICTOS COLECTIVOS E FOLGA Tema 8.- Conflictos laborais Concepto. Xurídicos e de intereses. Individuais e colectivos. Procedementos de solución. Negociación directa. Conciliacións, mediacións e arbitraxes. Públicos e privados. O procedemento de conflicto colectivo. A solución procesal. Conflictos individuais e colectivos.
Tema 9.- Os acordos interprofesionais de solución extraxudicial de conflictos. Especial referencia ao Acordo Galego. O mecanismo de conciliación-mediación. Laudos arbitrais. Fixación de servicios de mantemento Especial referencia ó ASAC.
Tema 10.- O dereito de folga (I). Concepto. A folga na OIT A folga na Constitución. As súas fontes reguladoras. Lexitimación e declaración. Os seus efectos no contrato de traballo e nas relacións de Seguridade Social. Comité de folga. Publicidade e piquetes. Cesamento da folga. Sistemas de solución. Remisión. Poderes gubernamentais de emerxencia. ""Intervencións"" e arbitraxe obrigatorio.
Tema 11.- O dereito de folga (II).Servicios esenciais, mínimos e de mantemento. Concepto de servicio esencial. Os servicios mínimos como resposta. Fixación de servicios mínimos. A autoridade gubernativa. Resolución de servicios mínimos. Impugnabilidade. Concreción técnica do empresario. Servicios de mantemento.
Tema 12.- O dereito de folga (III) Folgas ilegais, abusivas e especiais. Folgas ilegais. Políticas, de solidaridade e novatorias. Folgas ilícitas ou abusivas. Con ocupación de dependencias, rotatorias e en sectores estratéxicos. Acción colectiva irregular. Referencia ás folgas de breve duración e intermitentes.
Tema 13.- O peche patronal. A doutrina do Tribunal Constitucional. O peche como poder de policía. Supostos legais. Autoridade laboral. Funcións. Outras medidas de conflicto do empresario
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000