Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito de sociedades e cooperativas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame final sobre o contido teórico explicado. Valorasase tamén a participación activa na aula. 40 A2
A4
A5
B3
C15
Prácticas de laboratorio Proba de carácter práctico baseada nas que se realicen na aula e as que se encomenden realizar ao alumnado. 40 A2
A4
A5
B1
B2
B3
D5
Seminario Elaboración de informe e presentación do mesmo. Estará baseado nas materias que se expliquen no temario. 20 A2
A4
A5
B2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- O sistema de avaliación será o de
avaliación continua.

2.- A estes efectos, ao longo do curso
encomendaranse ao alumnado distintos traballos e actividades prácticas
relacionadas coas materias propias da asignatura, que ten dous bloques
temáticos claramente diferenciados: sociedades mercantís e cooperativas.

3.- Os seminarios e actividades prácticas
no ámbito das sociedades mercantís serán valorados con un máximo de 5 puntos.
Os seminarios e actividades prácticas no ámbito das sociedades mercantís serán
valorados con un máximo de 5 puntos. Ningunha das probas e actividades terá
asignada unha puntuación superior a 4 puntos.

4.- Para acollerse ao sistema de
avaliación continua o alumno/a terá que asistir regularmente a clase. Para
estes efectos, realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase
que un alumno/a incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de
asistencia sen xustificar.

5.- Para superar a materia mediante o
sistema de avaliación continua, o alumnado terá que obter un mínimo de 2,5
puntos en cada un dos dous bloques temáticos.

6.- Entenderase que un alumno/a acóllese
ao sistema de avaliación continua cando realice algunha das probas ou
actividades programadas. Non resulta posible renunciar á avaliación continua
unha vez realizada algunha das probas ou actividades.

7.- O alumnado que non se acolla ao
sistema de sistema de avaliación continua terá que realizar un exame final, que
combinará preguntas teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota.

8.- Para unha maior concreción das actividades de carácter práctico,
remitimos ao alumnado ao cronograma da asinatura que estará disponible en Moovi
ao comenzo do cuadrimestre.

9.- Datas dos exames: As aproba a Xunta de Facultade e publica na web da
Facultade.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000