Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Marco Normativo da Protección do Menor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción. 40 C1
C2
C3
C7
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos, da información dispoñible e a interpretación dos resultados.

Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo,resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara investigacións, memorias, resumos de lecturas e conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción.
20 C1
C2
C3
C7
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.

Charla aberta entre un grupo de estudantes. Poderá centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
40 C1
C2
C3
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Para que o estudantado sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 75% das clases. O estudantado que, puntualmente e por motivos xustificados, non poida completar a asistencia ao 75% das clases, deberá porse en contacto coa persoa coordinadora da materia, quen avaliará se esa puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen. 

 

Pola asistencia a clase o estudantado poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación dos traballos ou actividades establecidas polo profesorado baixo supervisión do Coordinación da materia, coas seguintes porcentaxes: 40% para o traballo tutelado, e un 20% dun caso práctico ou similar.

 

ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que non asista ao mínimo do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle indicará a coordinación da materia, na convocatoria ordinaria e/ou extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara a persoa responsable.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000