Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Seguridade Social Comunitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado,
aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o curso presente.
1ª CONVOCATORIA (febreiro):
Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas de avaliación:
a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar a asistencia a un
80% das sesións presenciais.
A efectos de avaliación continua, consideraranse os aspectos seguintes:
- Asistencia e participación activa do alumno nas sesións: 25%
- Exercicios prácticos: 25%
- Proba tipo test: 50%
As tarefas e proba de avaliación serán realizadas ao longo do correspondente período de docencia. A suxexión aosistema de avaliación continua, mediante a realización de tarefas e proba escrita sinaladas, EXCLÚE A
POSIBILIDADE DE SOMETERSE AO SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL
b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un
exame final consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame
representará o 100% da nota final.

2ª CONVOCATORIA (xullo):
Acudirán a convocatoria de xullo, aqueles alumnos que téndose sometido ao Sistema de avaliación continua ou ao sistema
de avaliación final, non superaran a materia en primeira convocatoria.
De ter optado polo Sistema de avaliación continua, as notas acadadas na mesma conservaránse para a convocatoria de
xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non
se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de
avaliación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000