Educational guide 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioquímica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas clases o profesor explicará e desenvolverá os conceptos e fundamentos básicos do temario de forma clara e amena para facilitar a súa comprensión. Os contidos de cada tema serán expostos na plataforma MOOVI con tempo suficiente para que os alumnos poidan consultalos. Recoméndase que o alumno traballe sobre este material, consultando ademais a bibliografía recomendada.
Resolución de problemas Neste apartado intentaremos que:
a) Grupos de 2 o 3 alumnos deberán realizar unha serie de exercicios para afianzar o estudo e comprensión da materia. Estes exercicios serán considerados para a avaliación.
b) Aclarar as dúbidas dos conceptos anteriormente explicados nas clases maxistrais e nos seminarios.
c) Neste apartado tamén traballaremos certos contidos relacionados co metabolismo enerxético, que por experiencia do profesorado son de máis difícil comprensión e que por tanto requiren un maior apoio didáctico.

Traballo tutelado Realización (procura de información, preparación e exposición) de dous traballos en grupo.
Os traballos estarán relacionados con algún dos contidos da materia de Bioquímica e serán propostos polo profesor. O profesor poderá achegar parte da información necesaria para a súa execución. O traballo será considerado para a avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000