Educational guide 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A asistencia as clases maxistrais e a os seminarios é moi recomendable para a posterior realización dunha serie de exercicios: preguntas de tipo test, preguntas de razoamento e cálculos diversos, que reforzarán os contidos adquiridos polo alumno.
A realización dos exercicios de cada tema é obrigatorio e sempre en grupos de 2 ou 3 alumnos. Non son individuais. É esencial obter unha nota mínima de un 6.0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta actividade non é recuperable no caso de non alcanzar o mínimo esixido.
20 A1
A3
B1
C20
D3
Traballo tutelado A realización dos traballos é obrigatoria, sempre en grupo de 4 ou 5 alumnos e tratarán algúns dos contidos da materia de Bioquímica. Avaliarase tanto o traballo individual do alumno como o realizado no seu conxunto. Terase en conta a estrutura, orixinalidade, uso do idioma en xeral e da terminoloxía científica. Tamén se terá en conta a adecuación ao formato previamente esixido. Os traballos poderán presentarse en galego ou castelán.
É esencial obter unha nota mínima de un 7.0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta actividade non é recuperable no caso de non alcanzar o minimo esixido.
20 A3
A5
B1
B3
B4
C20
D3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha primeira proba parcial escrita correspondente a Bioquímica Estructural (temas 1 - 7) na data aprobada na Xunta de Facultade (consultar páxima web do centro). Esta proba constará de preguntas tipo test e un exercicio de cálculo das constantes cinéticas dun encima. É esencial obter unha nota mínima dun 4,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta proba representará o 25% da nota final da materia de Bioquímica.
25 A1
B1
B3
C20
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha segunda proba parcial escrita correspondente o temario de Bioquímica Metabólica (temas 8 - 15) na data aprobada na Xunta de Facultade (consultar páxima web do centro). Esta proba constará de preguntas tipo test, pregunta de integración do metabolismo que inclue cálculo de rendemento de ATP. É esencial obter unha nota mínima dun 4,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta proba representará o 35% da nota final da materia de Bioquímica. 35 A3
A5
B1
B3
B4
C20
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia de Bioquímica é continua ao longo do curso. Para ser avaliado deste xeito, o alumno deberá realizar todas as actividades avaliables previstas (resolución de problemas, traballos tutelados e duas probas escritas).

As situacións particulares que impidan a participación en actividades de forma habitual (Exemplo: contrato de traballo, enfermidade... etc) deberán ser comunicadas á maior brevidade posible ao profesorado para buscar unha solución.

Para superar a materia de bioquímica (nota final como a suma das notas
ponderadas) é imprescindible ter obtido unha cualificación igual ou
superior á nota mínima esixida en cada unha das actividades avaliables por
separado. No caso de non ser así, non se fará suma e a nota que figurará na
acta de Bioquímica será a máis alta dos apartados suspensos e o alumno
deberá ir con toda a materia a convocatoria de xullo. O examen final de xullo representará o 60% da nota final e considerase superado cando sempre a nota sexa igual o superior a un 4,0 sobre 10.

É importante ter en conta
que as actividades de resolución de problemas e traballo tutelado non son
recuperables. 

No caso de que o alumno non asista a ningunha das actividades avaliables, apararecerá como NON PRESENTADO na acta de Bioquímica nas dúas convocatorias (xaneiro e xullo). A realización dalgunha das actividades avaliables propostas (resolución de problemas, traballos tutelados, probas escritas) pero non todas implica automaticamente un suspenso na acta de Bioquímica (ambas convocatorias). 

Estes criterios aplicáranse de forma idéntica nas dúas convocatorias (xaneiro e xullo).

As notas das actividades resolución de problemas, traballos tutelados gardaranse durante todo o curso académico (sempre e cando superaran a nota mínima esixida). 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000