Guia docente 2010_11
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte e contemporaneidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates Valoraranse as capacidades discursivas e argumentativas do alumno. Incentivaranse ou xeraranse debates na materia. 20%
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación continua será o sistema de valoración nos diferentes exercicios que se desenvolverán ao longo do curso. 25%
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os exames prácticos evidenciarán as aptitudes do alumno para desenvolver aquelas facetas que foron formuladas como hipóteses desde o ámbito teórico. 25%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Valoraranse as achegas e as reflexións persoais. 30%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será contínua.


Na segunda convocatoria, entregaránse os traballos non realizados ou non superados durante o curso.











Para a mellora e recuperación da
aprendizaxe, é necesario que o alumnado adquira solvencia teórica,
formulándolle as dúbidas ao profesorado, participando nos debates levados a
cabo na aula, consultando a bibliografía recomendada, estudando o material
subministrado, etc. e, de igual maneira, realizando unha revisión crítica dos
traballos e proxectos realizados, así como incrementando o seu coñecemento
sobre o contemporáneo a través das experiencias con outras manifestacións
culturais (cine, danza, teatro, música, etc.).


Na segunda convocatoria de xullo, o
alumno realizará un exercicio teórico-práctico e expresará así o coñecemento
adquirido durante os diferentes exercicios que se mostraron ao longo do
curso.


PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA DE XULLO: 13 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000