Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte
 Asignaturas
  Trabajo de Fin de Grado
   Evaluación
  Descripción Calificación
Trabajos tutelados
O profesor fará unha avaliación continua do traballo do alumno. Antes da data 30 establecida para a presentación e defensa do TFG, o tribunal de avaliación terá o
informe de valoración do director sobre o traballo realizado por parte do estudante cunha valoración parcial do mesmo.
30
Trabajos y proyectos : ACTO DE PRESENTACIÓN E DEFENSA PÚBLICA DO TFG.
1. O acto de presentación será realizado polo alumno/a en sesión pública na data e hora asignada. De maneira excepcional, a Comisión de Coordinación Académica poderá aprobar outra modalidade, previa solicitude formal e motivada do alumno/a e sempre que sexa posible.
2. O alumno/a exporá nun tempo máximo de quince minutos un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Posteriormente, sen superar os trinta minutos, os membros do Tribunal avaliador realizarán as observacións e consideracións oportunas.

AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DO TFG.
1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tomando en consideración o informe emitido polo titor académico, a calidade do contido do TFG, así como a propia exposición, en particular, a claridade expositiva e a capacidade de debate e defensa argumental do alumno/a.
2. A cualificación será a suma ponderada da cualificación do Tribunal (de 0 a 7 puntos) mais a valoración do titor (de 0 a 3 puntos). A valoración do Tribunal será a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus membros. Neste punto o Tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo.
3. As deliberacións do Tribunal para cualificar o TFG serán a porta pechada. Unha vez finalizado o acto de defensa, o tribunal fará pública a cualificación.
4. Ao remate da avaliación e cualificación da totalidade dos TFG do grado, o Tribunal avaliador poderá conceder mencións de matrícula de honra de conformidade coa normativa.
5. No caso de que a cualificación do TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5.0), o Tribunal deberá indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conseguir a antedita cualificación.
70
 
Otros comentarios sobre la Evaluación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000