Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Subjects
  Design projects
   Assessment
  Description Qualification
Classroom work O método de avaliación no relativo aos traballos realizados na aula realizarase baixo un labor de seguimento persoal do proceso de desenvolvemento dos exercicios, en base aos seguintes criterios:
- O interese estético e funcional dos proxectos realizados.
- A comprensión e utilización correcta dos procesos técnicos e informáticos.
- A coherencia de todos os exercicios do alumno.
- A correcta realización dos proxectos e probas requiridos na aula nos prazos estipulados. Será obrigatorio a realización de entregas parciais dos exercicios co obxectivo de realizar un seguimento do traballo por parte do profesor.
30
Troubleshooting and / or exercises A resolución de problemas e exercicios expostos na aula será fundamental para a realización do seguimento persoal e evolución dos traballos e proxectos dos alumnos. O alumno deberá obrigatoriamente e periodicamente asistir a estas clases de resolución de problemas e exercicios, de maneira que o profesor poida ter constancia da súa evolución e, en base a ela, realizar a avaliación pertinente deste aspecto. 15
Outdoor study / field practices Será obrigatoria a asistencia a cada un dos talleres planificados no desenvolvemento do cuadrimestre. 7
Case studies / analysis of situations Valorarase a opinión e capacidade crítica en base á ampliación de coñecementos. 8
Jobs and projects O método de avaliación dos proxectos finais presentados por cada alumno rexerase en base aos seguintes criterios:
- O interese estético e funcional dos proxectos realizados. O alumno terá a opción de establecer un debate dentro do grupo da clase en defensa da valoración do seu traballo. En caso contrario, o profesor valorará este aspecto unilateralmente.
- A coherencia de todos os proxectos do alumno.
- A metodoloxía e planificación do traballo.
- Traballo de reflexión e estudo previo ao proceso de elaboración dun proxecto.
- A correcta realización destes proxectos requiridos na materia nos prazos estipulados.
- A correcta elaboración formal (dixital e de impresión) e a súa presentación.
40
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000