Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Subjects
  Digital image projects
   Assessment
  Description Qualification
Projects Formulación do preproxecto, discusión, revisión e cualificación do proxecto que se desenvolverá durante o cuadrimestre.

• Presentación e defensa do proxecto en público usando un modelo de presentación audiovisual ou multimedia.

• Aprobación e posta en acción do proxectado.
50%
Master Session Sesión maxistral:
Forma parte das achegas xeradas interactivamente na aula de formación teórico-práctica que se sitúan no primeiro período de traballo do cuadrimestre. Compóñense de postas en escena de carácter audiovisual nas que o profesor sitúa o alumno no ambiente dos medios que se empregarán na materia de “Proxectos gráficos dixitais”. Así mesmo, mostra obras e propostas, desenvolvidas por artistas gráficos, tanto desde a formulación conceptual como aqueles aspectos de desenvolvemento técnico, ata a súa posprodución e exhibición. Faise unha revisión histórica razoada das artes gráficas baixo un punto de vista creativo, que teñen desembocado nos novos medios gráficos dixitais, o emprego da infografía e a edición e ilustración dixital destinados á xeración de obras de arte e difusión dos movementos artísticos actuais, principais eventos, artistas e obras destacadas, tecnoloxías e medios, especificacións e metodoloxías de traballo. As sesións son abertas ás achegas do alumnado. Inclúense, ademais, as incursións realizadas polos alumnos nas súas buscas de información e enriquecemento dos seus proxectos persoais que son expostos e discutidos en grupo e guiados polo profesor.
50
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000