Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos A avaliación terá en conta o coñecemento acreditado polos estudantes, no que respecta aos contidos académicos da organización escolar. 20
Sesión maxistral Avaliar as actividades e tarefas realizadas durante a súa execución. Utilizaranse procedementos de:
1. Preguntas intercaladas durante o desenvolvemento da lección.
2. Técnicas de autoavaliación.
3. Informes sobre actividades realizadas.
5
Presentacións/exposicións Os estudantes farán presentacións individuais ou en grupos dos proxectos ou traballos tutelados segundo as indicacións do profesor. 20
Traballos tutelados Avaliaranse os traballos tutelados levados a cabo polo alumnado, terase en conta: presentación, estrutura, citas bibliográficas, contido, ... 20
Probas de resposta curta A través destas probas preténdese constatar a precisión conceptual e terminolóxica dos aspectos relativos á Organización Escolar. Neste tipo de exames, cada pregunta curta ten unha puntuación individual. A suma destas preguntas reflicte a puntuación do exame. 30
Estudo de casos/análise de situacións O estudante levará a cabo o estudio de casos propostos polo profesor. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá de manifestar no primeiro mes de clases se vai asistir regularmente ou non, no caso de que non poida asistir regularmente fará un exame que terá un peso na nota dun 70% e un traballo 30%.

O alumnado que non supere a materia na 1ª convocatoria, terá que facer un exame na 2ª convocatoria (xuño/xullo), que suporá o 70% da nota e un traballo, (no caso de non superar a parte práctica na 1ª convocatoria), que suporá o 30% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000