Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións Esta meteodoloxía consistirá na análise intensivo e completo dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalos e, cando compra, adiestrarse nos posibles procedementos alternativos de solución.
Proxectos Mediante esta metodoloxía as e os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto dun tipo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño realización dunha serie de actividades, e todo iso a partir do desenvolvemento e aplicación de aprendizaxes adquiridos e da utilización efeciva de recursos.
Actividades introdutorias Esta metodoloxía servirá para presentarlles a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaluación e bibliografía.
Titoría en grupo A través dela oa profesora ou profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, puidendo ser objxecto de atención en calqueira das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinaies, persoais, sociais...).
Sesión maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas, lóxicamente estructurados, coa finalidade de facilitar a información organizada seguiindo criterios axustados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal, por parte do profesorado dos contidos da tiutoría e orientación ás familias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000