Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Ao longo do curso o alumnado deberá realizar unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos de lingua francesa da materia. Cada proxecto será avaliado de xeito anónimo por un grupo do alumnado conformado aleatoriamente. A media das notas obtidas en cada proxecto constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas nos prazos fixados pola clase. 50
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data oficial do exame, fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nas datas negociadas na clase, o alumnado deberá realizar outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar as catro probas. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a segunda convocatoria e na data oficial fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado en segunda convocatoria, o alumnado deberá realizar estas catro probas.

Ao longo do curso, o alumnado poderá recibir insignias que premiarán aptitudes e actitudes no seu proceso de aprendizaxe. Estas insignias traduciranse en bonificacións extra na cualificación final da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000