A avaliación da aprendizaxe do alumnado exponse de forma continua e servirá para regular e supervisar tanto o ritmo
de traballo, como para permitir ao alumnado coñecer o seu grao de adquisición de coñecementos.
A cualificación final de cada alumno/a será o resultado dunha cantidade suficiente de de notas ponderadas obtidas ao longo do
curso.
Valorarase positivamente a asistencia e a participación nas actividades de clase, a realización de exercicios prácticos, a
preparación e entrega de traballos para completar a unidade abordada.
Para poder superar a materia, é necesario obter na parte escrita do exame final unha cualificación mínima de 3,5
puntos sobre 10.
Por razóns de organización e distribución do tempo no día do exame oficial, a parte oral poderá ser realizada noutras
datas acordadas entre profesor/a e alumno/a.
En relación á segunda convocatoria, manteranse como superadas as partes da materia que fosen
previamente aprobadas na primeira convocatoria.