Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliarase a participación e implicación do alumnado, tanto nas sesións maxistrais (atención, comentarios e preguntas pertinentes ao fío das explicacións) coma, moi especialmente, nas sesións presenciais de prácticas e nos debates de comentario dos textos, tanto en pequeno grupo coma en gran grupo. Valorarase non só a participación cuantitativa senón tamén a pertinencia das achegas. 30
Traballos e proxectos Dous ensaios individuais breves (un por cada bloque de contidos) que se realizarán ao longo do cuadrimestre. Consistirán no comentario crítico dun texto literario ou fílmico proposto pola profesora e neles o alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. Na avaliación dos traballos teranse en conta tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dous exames parciais sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar ao final da unidade dedicada a África. O segundo parcial celebrarase entre a penúltima e a última semana de aulas. As datas concretas acordaranse entre o alumnado e a profesora con antelación suficiente e publicaranse en Faitic. As cualificacións obtidas en ambos os parciais farán media aritmética e o resultado constituirá o 50% da cualificación final da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación para o alumnado que asiste regularmente ás aulas (opción recomendada)

O alumnado que asista regularmente ás aulas será avaliado
consonte o sistema detallado máis arriba. A asistencia ás aulas será verificada mediante a sinatura no parte diario de asistencia.

É obrigatorio realizar no prazo
estabelecido todas as probas asignadas durante o desenvolvemento das aulas. As
probas parciais non realizadas ou os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo contarán coma un
cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de
corrección lingüística e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un
cero.

Se un/ha alumna/o, por motivos xustificados, non se puidese presentar á primeira proba parcial, deberá realizar as dúas probas parciais na data correspondente á segunda proba. A cualificación obtida computará polo 50% da cualificación final.

A
entrega de traballos e a realización das probas parciais
implican a aceptación deste sistema de avaliación por parte do alumnado.
O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse ao exame
correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a súa cualificación na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso.

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá
un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade.

1.2. Avaliación única para o alumnado que non asiste regularmente ás aulas

O alumnado que non poida asistir regularmente ás aulas será avaliado mediante un exame único, baseado nos contidos
da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise
e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame parcial, data que será acordada entre profesorado e alumnado con antelación
suficiente e publicada en Faitic.

A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado
coa materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na
segunda edición de actas (xullo)
a avaliación levarase a cabo mediante
un exame único, baseado nos contidos da materia,
que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e
cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na
data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000