Educational guide 2013_14
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría Telemática
 Materias
  Redes Inalámbricas de Acceso
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Presentación e revisión da documentación necesaria para o seguimento do curso. Esta documentación proporcionarase ao alumno a través da plataforma educativa web e incluirá material elaborado polo profesor, así como lecturas seleccionadas. Tamén se contempla a discusión crítica dos coñecementos tratados nos foros da ferramenta.
Traballos tutelados Realización por parte dos alumnos de traballos de investigación supervisados, individuais e independentes.
A presentación realizarase de forma escrita (seguindo o formato dun artigo científico) e publicarase na web da materia. Tras a súa publicación abrirase unha quenda de preguntas e discusión co profesor e resto dos seus compañeiros a través do foro da materia.
Titoría en grupo Titorías periódicas individuais e en grupos reducidos (2 ou 3 persoas) a través de foros escritos e por audio/vídeo conferencia que permitirán, entre outras cousas, controlar a identidade dos estudantes e asegurar a súa autoría nas actividades formativas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000