Guia docente 2014_15
Facultad de Derecho
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Civil II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Estudo de casos en clase e debate de conclusións. Exposición e debate de actividades propostas. Valorarase a asistencia e participación activa e regular do estudante nas actividades desenvolvidas no seminario. 20
Probas de tipo test Realizaranse preguntas tipo test para analizar o grao de comprensión do contido da materia. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba práctica sobre a base das actividades realizadas ao longo do curso, na que os estudantes deberán demostrar que adquiriron as competencias da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Primeira oportunidade (maio/xuño):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:

  • A avaliación continua constituirá o 20% da cualificación final.
  • A avaliación completarase cun exame que constará de dous partes: un tipo test e un suposto práctico, que constituirán, respectivamente, o 30% e o 50% da cualificación final. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha dos seus partes.

*b) Exame final :

  • O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua realizará un exame final, que representa o 100% da cualificación da materia.
  • O exame constará de dous partes: un tipo test e un suposto práctico, que constituirán, respectivamente, o 40% e o 60% da cualificación final. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha dos seus partes.

2) Segunda oportunidade (xullo):

  • Consistirá para todos os alumnos nun exame final único que representa o 100% da cualificación da materia.
  • O exame constará de dous partes: un tipo test e un suposto práctico, que constituirán, respectivamente, o 40% e o 60% da cualificación final. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha dos seus partes.

A data e o horario das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000