Código |
Descrición |
A1 |
Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar |
A2 |
Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras |
A3 |
Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador |
A5 |
Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica |
A6 |
Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional |
A11 |
Coñecer e aplicar procesos de toma de decisións relacionadas co tratamento da diversidade. Ser capaz de discernir as ideas nas que se fundamentan esas decisións, anticipando tamén os seus efectos |
A13 |
Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade |
B1 |
Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc. |
B5 |
Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións |