Sesión maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do sistema de autoavaliación ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación contínua.
|
Prácticas de laboratorio |
Para as prácticas de laboratorio precísase de material informático (computador con acceso a Internet). Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
|
Presentacións/exposicións |
O alumnado exporá o traballo de investigación realizado (vid. "traballos tutelados"); haberá quenda de preguntas e debate.
|
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria. Ao finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar na biblioteca da facultade a bibliografía dada.
|