Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final: Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
<br>Esta proba avalía as competencias A3, A10 e A12 |
40 |
Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre:
1. AVALIACIÓN CONTINUA.
- O estudante que se acolla a este sistema de avaliación poderá acadar unha cualificación máxima de 6 puntos.
- O sistema de avaliación continua consistirá en tres sesións de resolución de cuestionarios/exercicios que se realizarán, aproximadamente, nas semanas 4, 8 e 12:
- Proba 1. Tema 1. Valoración 10%. Puntuación (EC1) máxima 1 punto.
- Proba 2. Temas 2 a 4. Valoración 20%. Puntuación (EC2) máxima 2 puntos.
- Proba 3. Semana 12. Temas 5 e 6. Valoración 30%. Puntuación (EC3) máxima 3 puntos.
- Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións
obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo. - As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.
- A nota final de avaliación continua (EC) calcularase como a suma das puntuacións acadadas nas tres probas planificadas: EC=EC1+EC2+EC3.
- A cualificación obtida nas tarefas avaliables (EC) será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
- Entenderase que un alumno se acolle a este sistema de avaliación cando despóis de facer a primeira proba de avaliación continua se presenta á segunda proba.
2. AVALIACION FINAL DE CUADRIMESTRE.
- Consistirá nun exame final que avaliará todas as competencias da materia.
- A este exame preséntanse todos os alumnos. Se distinguen os seguintes casos:
- Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a nota final será a do examen final (EF).
- Alumnos que seguiron a avaliación continua:
- Todos realizarán obrigatoriamente a parte do exame correspondente aos temas 7 e 8. (Cualificación EC4 de 0 a 4 puntos)
- Se (EC1+EC2) é menor que 1, realizarán obrigatoriamente a parte do exame correspondente aos temas 1 a 4. Noutro caso poderán realizar a dita parte para mellorar a suma (EC1+EC2)
- Si EC3 é menor que 1, realizarán obrigatoriamente a parte do exame correspondente aos temas 5 e 6. Noutro caso poderán realizar a dita parte para mellorar a suma EC3
- A nota final será EF=(EC1+EC2)+EC3+EC4
3. RECUPERACION NA CONVOCATORIA DE XULLO.
- Consistirá novamente nun exame que avaliará todas as competencias da materia.
- Para os alumnos que seguiron avaliación continua considerarase o exame dividido en tres partes correspondentes ás calificacións (EC1+EC2), EC3 e EC4. Deberán realizar obrigatoriamente as partes do exame nas que a nota previa sexa menor que 1 y poderán facer o resto para mellorar a nota. A cualificación final será (EC1+EC2)+EC3+EC4.
OBSERVACIÓNS:
- Considerarase presentado a todo estudante que se presente a calquera dos dous exames finais.
- Se un alumno participou na avaliación continua e non aproba a materia, aínda que non se presente a ningún exame final, considerarase presentado/a e recibirá unha cualificación de suspenso.
- Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
|