Resolución de problemas e/ou exercicios |
Nas sesións presenciais, co grupo, realizaranse exercicios prácticos de comprensión oral (diálogos, cancións e fragmentos de películas) e escritura (lectura de diferentes textos relativos a temas culturais, da propia titulación ou literarios). Utilización de vídeos e gravacións relacionados cos temas tratados como recurso metodolóxico importante. Actividades a través do TIC no laboratorio de idiomas. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios de gramática correspondentes. |
Presentacións/exposicións |
As sesións presenciais realizaranse cos grupos B e centraranse en actividades de expresión escrita como, redacción de pequenas composicións, ditados, realización de exercicios. Comprensión e expresión oral, a través de vídeos, debates e de exposicións de proxectos. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá preparar o seu proxecto por escrito e a presentación do seu traballo para os seus compañeiros,, que levará a cabo na aula nos grupos B. Tamén terá que realizar os exercicios das gramáticas que se propoñan para mellorar o seu nivel de competencia nesta lingua. |