Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
B11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes
C33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes .
C36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
C40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita
D5 Coñecemento de informática
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Adaptación a novas situacións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000