Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo
 Materias
  Resposta Organizativa do Centro Educativo e Servizos de Apoio
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B2 Ser capaz de sintetizar e integrar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención para aplicalos en contextos sociais e de aprendizaxe do estudante, conforme ás necesidades de apoio das persoas con necesidades específicas así como a promoción da actividade física tendo en conta a poboacións especiais, fomentado melloras na súa saúde e calidade de vida, desde a intervención para a atención á diversidad sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidad para todos
C1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo) delimitando os ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
C2 Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe.
C3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais.
C4 Xerar destrezas para aprender a deseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado ou paralímpico e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
C6 Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000