Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo
 Materias
  A Educación Física Adaptada como Ferramenta Formativa na Nenez
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debates Participación activa nos debates expostos na aula entre o grupo de estudantes e o docente. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral... 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C1
C3
C4
C6
Cartafol/dossier Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C1
C3
C4
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este máster ten a modalidade de ensino presencial, por tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser, polo menos, do 80% estando admitido faltar ao 20% da presencialidade.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación nese apartado

Aqueles estudantes que non superen algunha das probas ou actividades poderán presentarse á avaliación do primeiro cuadrimestre, que se celebrará no período oficial establecido, acorde ao programa da materia.

Haberá unha segunda convocatoria no mes de xullo na que se avaliarán as competencias non adquiridas polo estudante durante o curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000