Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo
 Materias
  Metodoloxías para a Inclusión Escolar
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicológicos, das dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento, a través de respostas axustadas de tipo organizativo, curricular e social dos centros educativos e os servizos de apoio, incluíndo a actividade física para poboacións especiais.
B2 Ser capaz de sintetizar e integrar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención para aplicalos en contextos sociais e de aprendizaxe do estudante, conforme ás necesidades de apoio das persoas con necesidades específicas así como a promoción da actividade física tendo en conta a poboacións especiais, fomentado melloras na súa saúde e calidade de vida, desde a intervención para a atención á diversidad sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidad para todos
B3 Desenvolver e saber comunicar adecuadamente o resultado dos seus programas de asesoramento e de intervención educativa coas familias de persoas con dificultades de aprendizaxe e desenvolvemento, fomentado a participación como unha metodoloxía para a integración, e estimulando a realización de proxectos que, tendo en conta os valores democráticos da sociedade europea actual, inclúan as TIC, o deporte adaptado e a actividade física para persoas con distintas capacidades.
B4 Saber xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento e as destrezas adquiridas e continuar estudando en gran medida de modo autónomo como procura de solucións e alternativas ás cuestións suscitadas, axustando as habilidades pertinentes de aprendizaxe autodirixido, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas que supón a atención á diversidade.
C1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo) delimitando os ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
C3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais.
C5 Aprender a colaborar cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, promovendo a mellor resposta educativa.
C6 Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000