Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Será necesario realizar o estudo de casos/análises de situacións para poder optar a avaliación continua nas clases prácticas 0-10 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Traballos de aula Será necesario realizar os traballos de aula requeridos para poder optar á avaliación continua nas clases prácticas 0-10 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de tipo test Realizaranse unha ou máis probas tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, probas que se referirán tanto aos coñecementos adquiridos a través da bibliografía de referencia, coma ao desarrolllo e contido das clases teóricas. Para poder optar a esta clase de avaliación será necesario a asistencia ás clases teóricas. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte práctica 75 B1
B2
B10
B13
C1
C3
C5
C11
D1
D5
Traballos e proxectos Será necesario entregar un traballo ou proxecto para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Para poder optar a esta valoración será necesario a asistencia ás clases dos grupos prácticos. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte teórica 12.5 B1
B2
B5
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
D1
D2
D3
D4
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Será necesario a realización dunha proba escrita para avaliar os contidos das clases prácticas 12.5 B13
B14
C11
C12
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua considerarase cando o estudante asista a máis do 80% das clases prácticas e presente o(s) proxecto(s)/traballo(s) proposto(s).

En todo caso, tanto para os que non superen a avaliación continua coma para os que non seguen este sistema de avaliación, tanto na convocatoria de xuño coma na de xullo haberá un exame final da materia que constará de dúas partes. Un exame sobre a parte teórica que ponderará un 75% da nota e un exame práctico que valerá o 25% da nota. Neste caso tamén será necesaria unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto en teoría coma en práctica para poder facer a media.

Naqueles casos que o alumno decidise ir por avaliación continua e non superase a materia na súa totalidade, pero si algunha parte, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que superase (teórica ou práctica), e só presentarase en xuño ao exame coa parte que ten suspensa. Igualmente manteranse as partes aprobadas para o exame de Xullo.

Para sucesivas convocatorias de cursos académicos posteriores non se gardarán as partes aprobadas.

As diferencias no método de avaliación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á diferente organización de clases docentes empregada por ambos os dous centros.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000