Guia docente 2015_16
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Análise de circuítos lineais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Son 3 probas que se realizan tamén en horario de Grupo B, conxuntamente coas probas prácticas de simulación de circuitos. Polo tanto se realizarán, previsiblemente, nas semanas 5 (EC1 Tema I e Tema II), 9 (EC2 Tema III e Tema IV) e 15 (EC3 Tema V a Tema VIII). A puntuación de cada unha destas tres probas será de: 1.5, 2.5 e 2.0 puntos, respectivamente.
Cada una de las pruebas se refiere a uno o dos de los temas más importantes de la asignatura. Cada prueba contiene dos o más ejercicios o preguntas.
60 B3
B4
C4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Estas probas realízanse en horario de Grupo B. En total haberá 4 probas espaciadas ao longo do cuatrimestre:

1. Probas en laboratorio de PCs: 3 probas relativas a exercicios de simulación de circuítos facendo uso dos programas informáticos PSPICE e MatLab. Estas probas realízanse conxuntamente coas probas de resolución de problemas e/ou exercicios, previsiblemente nas semanas 5 (EC1 Tema I e Tema II), 9 (EC2 Tema III e Tema IV) e 15 (EC3 Tema V a Tema VIII). A puntuación de cada unha destas tres probas será de: 0.5, 1.0 e 1.0 puntos.

2. Probas en laboratorio: 1 proba relativa a exercicios de montaxe e medida de circuítos. Esta proba realizarase, previsiblemente, na semana 11 e terá unha puntuación máxima de 1.5 puntos. Para estes exercicios valoraranse a capacidade de traballo en grupo, o axuste ás especificaciones de deseño e a presentación de resultados.
40 B3
B4
C4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Adicionalmente ao sistema de avaliación continua, constituído polos dous conxuntos de probas que se acaban de describir, o alumnado poderá optar pola realización dun exame final. 0 B3
B4
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia.

1. Primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles:


  • Alumnado que só realiza a avaliación continua: é cualificado coa puntuación que obtivo na mesma.
  • Alumnado que só realiza o exame final: é cualificado coa puntuación que obtivo no mesmo.
  • Alumnado que realiza a avaliación continua e o exame: é cualificado coa mellor de ambas as puntuacións.

Detalles sobre o exame final: O exame final terá tres partes, cada unha delas correspondente a cada unha das tres probas de resolución de problemas e/ou exercicios realizadas ao longo da avaliación continua: EC1 (Tema I e Tema II), EC2 (Tema III e Tema IV) e EC3 (Tema V a Tema VIII). O alumnado pode optar por facer o exame completo ou aquelas partes nas que desexe mellorar a nota obtida durante a avaliación continua.

2. Exame extraordinario. O alumnado que non superou a asignatura ao final do cuatrimestre pode realizar un exame final extraordinario que abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razonamiento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación alcanzada no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final, substituíndo á agregación das notas das probas de avaliación continua e o exame finale de avaliación continua.

Comentarios adicionais:

  • As probas de avaliación continua realízanse en grupo B co que o alumnado debe asistir ao grupo que lle foi asignado ao principio de cuatrimestre.
  • A realización de dúas ou máis probas puntuables e/ou algún dos exames finais significará que o alumno terá unha cualificación distinta da de "non presentado".

  • A nota obtida en avaliación continua será válida tan só para o curso académico no que se realice.
  • Considérase que a materia está aprobada si a nota final é igual ou superior a 5.

Recuperación. As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización.

Resultados das probas. Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000