Guia docente 2015_16
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes de ordenadores
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición das ideas, conceptos, técnicas e algoritmos de cada unha das unidades temáticas do curso. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2, CT3, CG3, CG4, CE11, CE17, CE18 e CE19.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución por parte dos alumnos de problemas e exercicios dalgunhas das leccións maxistrais, e resolución por parte do profesorado na aula. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE11, CE17, CE18 e CE19.
Prácticas autónomas a través de TIC Trátase de desenvolver un programa de rede. Haberá varias sesións presenciais para titoría co profesor e desenvolvemento, proba e depuración dos programas nos laboratorios onde estes serán probados avaliados. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG1, CG6, CG9, CT4, CE11, CE17 e CE19.
Metodoloxías integradas Participación en actividades online que se irán propoñendo ao longo do curso, e en actividades de plantexamento de preguntas e resposta das mesmas. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE17, CE18 e CE19.
Prácticas en aulas de informática Prácticas presencias nos ordenadores da aula informática, guiadas polo profesor. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG1, CG9, CE17 e CE19.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000