Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitectura e tecnoloxía de redes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Serán cualificadas como apto/non apto. O alumno será apto se asiste a todas as sesións deste tipo. Se por algún motivo perdese algunha, deberá suplila realizando algunha práctica complementaria que o profesor definirá no seu momento. 0
Traballos tutelados O proxecto en grupo de carácter práctico en que se verá envolto o alumno determinará unha das notas, Xb, da nosa avaliación continua. O valor da nota (entre 0-10) dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, da presentación/informe que a acompañe, e da maior ou menor implicación do alumno no traballo desenvolvido. 25 B1
B4
B6
C32
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames escritos: un á metade do cuadrimestre (Xa1), e unha proba final (Y). Ambas probas son de carácter teórico e avalíanse individualmente sobre un máximo de 10 puntos. A segunda (exame final, Y) suporá o 50% da nota definitiva e esixiráselle ó alumno polo menos 3/10 para optar ó aprobado xeral. A proba intermedia, Xa1, promediará de forma singular coas probas de resposta curta (Xa2) e cos traballos tutelados (Xb) para consegui-lo 50% restante da cualificación final. 50 C30
C32
Probas de resposta curta Con certa periodicidade, e dentro das sesións maxistrais, poderanse incorporar preguntas breves —de carácter teórico— avaliables (Xa2). Ditas preguntas, xunto coa proba de resposta longa intermedia (Xa1), compoñen a parte de teoría complementaria á do exame final Y. 25 C30
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben exame final. Un alumno elixiría avaliación continua se se presenta ó exame escrito (Xa1) que terá lugar á metade do cuadrimestre. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só orientativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación:

Para a avaliación continua, a nota final será a media aritmética da obtida na proba final (Y, 50%) e da asociada de xeito conxunto a outras actividades avaliadas durante o curso (Xa1, Xa2 e Xb); debendo obterse, polo menos, 3 puntos sobre 10 en cada unha delas, e tendo o alumno a obrigatoriedade de asistir a todas as sesións prácticas do laboratorio (a non ser que medien causas xustificadas). A nota conxunta do resto de actividades que acabamos de mencionar, X, será a media xeométrica entre a nota do traballo tutelado (Xb) e a suma ponderada (50%, 50%) das probas de resposta curta (Xa2) e o exame escrito a metade do cuadrimestre (Xa1).

X=[Xb·(½·(Xa1+Xa2)]^(½)

NOTA FINAL= 0,5·X+0,5·Y

Os alumnos que non opten por realizar a avaliación continua deberán presentarse a un exame final que constará de tres partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Y), unha proba de aptitude no laboratorio e un traballo práctico individual (Xb). A nota final, neste caso, é a media xeométrica entre a proba teórica e o traballo práctico, coa condición de que se supere a proba de aptitude.

Finalmente, a proba extraordinaria de xullo terá as mesmas características que o exame final que acabamos de describir, coa salvedade de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Xb ou Y) se esta foi superada na proba ordinaria correspondente (avaliación continua ou exame final ordinario). A proba de aptitude só será necesaria si non asistiron a tódalas sesións de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000