Guia docente 2015_16
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Probas de resposta curta:
Haberá catro probas, en datas informadas a principio do curso, liberatorias das materias dos temas anteriores
Nestas probas curtas avaliaranse as competencias CE65, CE66, CG3 e CG7
40 B3
B7
C65
C66
Prácticas de laboratorio Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Calibración de sensores": 5%
2. "Termografía infravermella": 10%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE66, CT3, CG4 e CG9.
15 B4
B9
C66
D3
Prácticas en aulas de informática Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Fundamentos de RADAR": 7%
2. "Procesado de imaxes": 13%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE65, CT2 e CG4.
20 B4
C65
D2
Traballos tutelados A realización dos traballos en grupos avaliarase en dous partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.

Polo traballo en si, recibirán un 15% da nota

Nestes traballos avaliaranse as competencias CE66, CG7 e CG9
15 B7
B9
C66
Presentacións/exposicións Presentacións dos traballos por parte dos grupos

Na presentación dos traballos avaliaranse as competencias CG9 e CT4
7 B9
D4
Prácticas autónomas a través de TIC Os alumnos presentarán ao profesor os resultados do seu traballo autónomo: "A Terra desde o aire/espazo": 3%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE65 e CG4.
3 B4
C65
Probas de resposta curta O exame final, en caso de ter que facelo, constará de 10 cuestións de resposta curta, con preguntas relacionadas coas clases de aula, de laboratorio e as presentacións dos traballos, e valerá polo 100% da nota da materia. 0 B3
B4
B7
B9
C65
C66
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A lingua da materia é o inglés. Probas, informes e exames serán en inglés.

Os alumnos poden optar por evaluación continua ou por un exame final

As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1. Catro probas de resposta curta, cun 10% da nota total cada unha, sumando un 40%.

2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas, que suman un 35%

3. Avaliación dos traballos tutelados (15%)

4. Presentación dos traballos (7%)

5. Traballo autónomo (3%)

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.

Se un alumno, presentándose a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas.

O exame final consta de 10 preguntas. Pode realizarse dúas veces por ano académico. Os lugares e datas publícanse na páxina web da Escola. Pode preguntarse calquera contido explicado en clases de aula, laboratorio ou presentacións de proxectos.

Os exames e os tests deben ser realizados individualmente. Calquer infracción se considerará como unha falta de ética importante e será comunicada ás autoridades académicas

.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000