Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Presentacións/exposicións Para a súa preparación, realizarase atención personalizada a demanda nas horas de titoría.
Sesión maxistral O alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas. O profesorado atendendo as súas solicitudes, repasará conceptos, proporá novos exemplos,... Así mesmo, os e as estudantes poderán revisar a cualificación obtida na proba final escrita e demais traballos que deban presentar, comprobando que ésta se axusta aos criterios de avaliación establecidos na guía docente.
Resolución de problemas e/ou exercicios Para a súa elaboración, realizarase atención personalizada a demandas nas horas de titoría.
Traballos de aula Nestas sesións en grupos reducidos, resolveranse de forma individualizada as dúbidas formuladas polo alumnado, es especial cando sexan comúns a varios alumnos e/ou alumnas ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda plenamente resolta para algún estudante, trataríase nas horas de titoría.
Titoría en grupo As dúas titorías grupais obrigatorias serán establecidas nun calendario previo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000