Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Serán avaliadas medainte unha proba que valorará as competencias adquiridas. Inclúen preguntas directas sobre algún aspecto concreto do temario. O alumnado debe respostar de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60
Presentacións/exposicións Avaliarase a claridade e profundidade coa que se presente o traballo. 5
Traballos de aula Versarán sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da Educación Física e do Deporte. Deberán ter requisitos de calidade académica e serán abordados ao inicio do cuadrimestre polo profesorado. 15
Titoría en grupo Avaliarase a súa realización (ao menos dúas citas), así como a implicación dos distintos membros do grupo na realización das súas tarefas e no seguimento do curso. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Trátase de traballos sobre contidos específicos que aporten actualidade e reflexión crítica ás temáticas. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica e serán abordados polo profesorado ao inicio do cuadrimestre. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto a cualificación dos traballos derivados da resolución de problemas, como a cualificación dos traballos de aula e as presentacións, feitos no seu momento durante o curso,  seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.

A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter una cualificación postiva.

O alumnado non asistente deberá contactar ao inicio do cuadrimestre co profesorado, para coñecer os prazos de entrega das diferentes actividades e traballos solicitados (similares aos realizados polo alumnado asistente).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000