Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Expresión corporal e danza
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia que se elaborará ao longo do curso e que se defenderá mediante exposición oral ao finalizar os contidos 50 B1
B2
B9
B12
B14
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado valorarase a participación do alumnado en diferentes problemas e exercicios que se expoñan ao longo do curso. Son tarefas de carácter voluntario e que sempre repercutirán en positivo na cualificación do alumnado 0
Traballos e proxectos Neste apartado valoraremos o proceso de construción *coreográfica e o resultado da mesma. Ponderarase neste apartado o proceso cun 80% e o resultado cun 20%. O proceso controlarase coa elaboración, por parte do profesorado, dun diario individualizado de cada grupo, das sesións desenvolvidas para a elaboración da coreografía 50 B13
B15
B24
B25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<*h3>A cualificación final da materia calcularase a partir da suma das notas parciais de cada metodoloxía de avaliación, é dicir: mapa conceptual (50%) + valoración do proceso de elaboración da coreografía (50%) ; a condición de que se supere o 50% de cada unha das partes. Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a segunda edición da convocatoria; é dicir, na convocatoria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o alumnado teña superadas, e só presentarán aquelas que non superaron. Por tanto, para as demais convocatorias, o alumnado deberá concorrer a unha proba escrita de pregunta curta para superar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000