Os estudantes, para superar a materia, deberán obter o 50% de todas e cada unha das catro probas que integran a avaliación. No caso de que non superasen algunha das probas e, especificamente, as competencias da materia, serán avaliados na segunda convocatoria durante o mes de xullo. Neste caso a avaliación realizarase mediante un exame. Aqueles estudantes que, por causa xustificada no comezo do curso académico, non poidan asistir regularmente ás clases teóricas, prácticas, actividades e exercicios que se desenvolverán nos espazos docentes destinados ás tarefas determinadas, deberán realizar, obrigatoriamente, as mesmas actividades e tarefas dos asistentes, e no mesmo prazo sinalado para ese efecto. As porcentaxes asignadas ás probas para os alumnos non asistentes serán exactamente as mesmas que as indicadas para os estudantes asistentes. |