Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión de 1 hora presencial co grupo A (toda a clase) no inicio do curso. Explicaranse os obxectivos e contidos da materia, así como a metodoloxía aplicada e o sistema de avaliación. Tamén se presentarán os recursos e ferramentas de aprendizaxe en liña.
Proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro tarefas ou proxectos que deberá realizar cada estudante. As datas de realización das tarefas serán establecidas na clase, pero non se aconsella que se superen as dúas semanas para a súa realización. O profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas preferentemente nas horas co grupo B e através do grupo de traballo en liña. O alumnado poderá realizar tarefas voluntarias. O profesor estabelecerá o tipo de tarefas voluntarias que se poden realizar, así como as instrucións correspondentes.
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesor guiará o alumnado para a execución das tarefas propondo actividades comunicativas centradas, por un lado, na práctica da expresión e comprensión, e, por outro, no reforzo das competencias en fonética, léxico e gramática. Tamén se proporán actividades de reforzo en internet, tanto de carácter obrigatorio como voluntario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000