Guia docente 2016_17
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Psicoloxía: Aplicacións en ciencias da saúde
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas coma enfermas, no medio natural e social.
B13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
C10 Coñecer e comprender os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde/enfermidade do individuo, familia e comunidade
C11 Coñecer e comprender as teorías da comunicación e das habilidades interpersonais
C12 Coñecer e comprender as teorías da aprendizaxe a aplicar na educación para a saúde e no seu propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida
C13 Coñecer e comprender os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado
C20 Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia
C32 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia
C49 Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión
C51 Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa
D2 Capacidade de análise e síntese.
D3 Capacidade de organización e planificación.
D4 Capacidade de xestión da información
D5 Resolución de problemas
D6 Toma de decisións
D10 Traballo en equipo
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Razoamento crítico
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Motivación por a calidade.
D17 Adaptación a novas situacións
D20 Liderado
D23 Traballar con responsabilidade
D24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
D25 Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais
D30 Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000