Guia docente 2016_17
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado (emprego de metodoloxías coma a técnica de puzle, análise de vídeo educativo, estudo de casos,...). Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as presentacións elaboradas polo profesorado que lle servirán de guía a través da plataforma Tem@ ou da páxina web do profesor coordinador da materia (http://webs.uvigo.es/gfuentes).
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O profesor mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir.
Presentacións/exposicións O estudante elaborará en grupo a análise dun artigo científico sobre unha das modalidades terapéuticas de que consta a materia (conformaranse 12 grupos de traballo), así como a valoración da análise feita por outros dous grupos. Empregarase a plataforma Tem@ para o seu desenvolvemento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000