Guia docente 2016_17
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Electroterapia e ultrasonoterapia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Terán a finalidade de transmitir os obxectivos da materia, detallar os contidos sobre os que se traballarán e cómo se fará, e aclarar os criterios de avaliación a seguir.
Sesión maxistral Nas clases teóricas combinarase a lección maxistral con clases teórico-participativas onde se fomente e se motive a participación activa do alumnado, xunto co estudio de casos. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as presentacións elaboradas polo profesorado que lle servirán de guía a través da plataforma Tem@ ou da páxina web do profesor coordinador da materia (http://webs.uvigo.es/gfuentes).
Prácticas de laboratorio Nas prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O profesor proporá casos clínicos específicos para situar as aplicacións, empregando as distintas correntes que se vaian vendo na teoría ou os ultrasóns terapéuticos e seguindo un protocolo de aplicación específico. Serán, polo tanto, prácticas guiadas e buscarase a integración dos coñecementos teóricos na práctica mediante o uso de casos clínicos. Tras a explicación e demostración do profesor, os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Tódolos casos presentaranse de xeito que se poidan cubrir unhas fichas de prácticas.
Traballos tutelados O traballo a elaborar polo alumnado da materia será un protocolo de aplicación dos ultrasóns ou das distintas correntes vistas na materia en determinados casos clínicos. Os casos clínicos serán a proposta do profesor.
A elaboración do traballo será individual, aínda que varias persoas traballarán sobre o mesmo caso clínico. Posteriormente, todos aqueles que traballaron sobre o mesmo caso clínico, deberán analizar as propostas de protocolo feitas polos compañeiros. Cada un entregará un comentario sobre a análise feita de cada uno dos traballos ao profesor o día da defensa en grupo.
Empregarase a plataforma Tem@ para o seu desenvolvemento.
Ademais, aqueles alumnos que así o queiran, e a elaborar en pequeno grupo (non mais de 6 persoas), poderán elixir facer un traballo de aplicación práctica en vez do protocolo clínico. Este traballo consistirá en facer un pequeno estudio piloto do emprego nunha situación clínica práctica cunha das modalidades de correntes ou ultrasóns que compoñen o temario da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000