Probas de resposta curta |
Exame teórico de 9 preguntas cortas (duración máxima de 1 hora e media). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame teórico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo de un 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque. |
45 |
|
B2 B3 B5 B6 B19
|
C7 C8 C14 C16 C18 C20 C36 C42
|
D1 D15
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (corenta minutos de duración). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso. Tódalas preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno dará comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame práctico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo de un 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque.
|
45 |
|
B3 B5 B6 B9 B14 B15 B19
|
C14 C18 C35 C36 C38 C39 C41 C44 C49 C51 C52
|
D1 D6 D9 D13 D16 D17 D28 D29 D30
|
Traballos e proxectos |
A realización do traballo é obrigatoria para superar a materia.
En canto ao seminario no que se faga o estudo de casos (protocolo de aplicación, o punto que se pode acadar distribuirase do seguinte xeito: 0,25 puntos dependerá da valoración feita polos propios compañeiros que participan no seminario, 0,25 puntos polo traballo desenvolvido ao longo da hora que conforma a parte presencial do seminario e 0,5 puntos estará en función da valoración que faga o profesor do protocolo presentado.
En canto á modalidade de traballo optativo, o traballo de aplicación práctica, terá un valor do 20% da nota final (o que implica que os exames teórico e práctico terán un valor do 40% en lugar do 45%). Eses dous puntos que supoñen da cualificación global distribuiranse do seguinte xeito: 1,25 puntos dependerá do traballo escrito; 0,50 puntos dependerá da parte gráfica de apoio ao texto escrito; e 0,25 puntos á actuación persoal de cada membro do grupo.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos na modalidade de protocolo clínico ou 1 punto no caso do traballo de aplicación práctica (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 e 0,8 puntos respectivamente (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Calquera que sexa a modalidade de traballo, este terá que ser entregado en soporte informático ao profesor, empregando para iso a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo indicado polo profesor responsable dos traballos. |
10 |
|
B15 B19
|
C18 C21 C45
|
D1 D2 D3 D4 D5 D7 D10 D11 D12 D13 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D23 D24 D25 D27 D30
|