Guia docente 2016_17
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Saúde pública e fisioterapia comunitaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas.
Traballos tutelados O alumnado, dividido en grupos, elaborará un documento sobre unha temática da materia, baixo as directrices e supervisión do profesorado. É unha actividade autónoma que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción..., etc., e posterior exposición del ante os seus compañeiros e profesorado da materia.
Presentacións/exposicións Exposición con medios audiovisuais, por parte dos grupos de alumnado, ante os seus compañeiros e profesorado da materia, do traballo tutelado realizado.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudiantado e na súa aprendizaxe activa e participativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000